Un colectivo Xebre

O PROXECTO

Somos cooperativa

Colectivo Xebre nace da convicción de que as cousas se poden facer doutro xeito.

Somos un proxecto que une a paixón pola agricultura cun firme compromiso social e a vontade de crear un impacto positivo na nosa contorna, a Comarca de Terras de Soneira, na Costa da Morte.

Coidamos a terra, a auga e a biodiversidade: o noso maior patrimonio. Fomentamos a venda directa e a conexión coas persoas que consomen os nosos produtos.

Buscamos a excelencia no noso facer, desde que agroman as primeiras sementes, ata que os nosos alimentos chegan á túa mesa. Defendemos un rural vivo e un traballo no campo que sexa xusto e recoñecido.

OS NOSOS VALORES

Máis alá da produción

Somos cooperativa porque, máis alá de ser unha forma xurídica, é unha fórmula que reflicte fielmente o noso xeito de entender o traballo e a nosa filosofía de vida.

No Colectivo Xebre, as decisións tómanse en común e os beneficios reinvístense no proxecto e nas persoas que o facemos posible, coidando así da nosa xente e da nosa terra.

Esta maneira máis social de facer economía non só dignifica o noso traballo no campo, senón que fomenta un maior compromiso e corresponsabilidade, colocando o benestar da nosa terra por diante do beneficio económico.

Equipo

Felipe

Loli

Víctor

Noe

El proyecto
Venta directa
Nuestros productos
Nuestro proceso productivo