En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD), da Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais normativa aplicable, infórmase ao Usuario do seguinte:
Responsable do tratamento
O responsable do tratamento dos datos persoais é Colectivo Xebre S.Coop Galega (en diante, “Colectivo Xebre”), Sociedade Cooperativa, con CIF F70516851, domicilio en (Plaza de Lugo 2, v 2, 15004, A Coruña), e correo electrónico: (colectivo@xebre.gal).
Finalidades do tratamento
Os datos persoais recollidos mediante os formularios de contacto e de reserva serán tratados para:
- Xestionar e responder ás solicitudes de información e contacto.
- Administrar, coordinar e xestionar as reservas e visitas.
- No seu caso, enviar comunicacións comerciais ou informativas, sempre que o Usuario dese o seu consentimento.
Bases legais
O tratamento baséase en:
- O consentimento explícito do Usuario para fins concretos.
- A necesidade de xestión da relación contractual derivada da solicitude de contacto ou reserva.
Períodos de conservación
Os datos conservaranse durante o tempo estrictamente necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recollidos ou mentres se manteña a relación co Usuario. Unha vez cumprida a finalidade ou a solicitude do Usuario –agás obriga legal de conservalos– procederase á súa supresión.
Destinatarios e transferencias
Os datos persoais non serán cedidos a terceiros, salvo obriga legal. Non se realizarán transferencias internacionais de datos fóra do Espazo Económico Europeo.
Dereitos do usuario
O Usuario ten dereito a:
- Acceso: Coñecer que datos están a ser tratados e obter copia dos mesmos.
- Rectificación: Solicitar a corrección de datos inexactos ou incompletos.
- Supresión (Dereito ao esquecemento): Pedir a eliminación dos seus datos cando xa non sexan necesarios.
- Oposición: Opoñerse ao tratamento dos seus datos.
- Limitación do tratamento: Solicitar a limitación do uso dos seus datos.
- Portabilidade: Recibir os seus datos nun formato estruturado e de uso común para transmitilos a outro responsable.
Para exercer estes dereitos, o Usuario deberá enviar unha solicitude, xunto cunha copia do seu documento de identidade, ao enderezo XXX. No caso de non recibir resposta ou considerar que se vulneran os seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
Medidas de seguridade
XXX adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e confidencialidade dos datos, evitando a súa alteración, perda ou acceso non autorizado.
Modificacións da política
Esta política poderá ser modificada ou actualizada en función de cambios lexislativos, tecnolóxicos ou dos servizos ofrecidos. As modificacións publicaranse neste sitio e, no caso de cambios substantivos, informarase de maneira adecuada aos Usuarios.