Ven ao Mercado

PRODUCIMOS AQUÍ​

A escasos quilómetros da cidade da Coruña, producimos día a día alimentos da nosa terra. Respectando os ciclos naturais e coidando a terra con mimo, cultivamos a Horta Galega como o facían os nosos avós e avoas. Preservando a cultura produtiva do noso territorio.

Animámoste a que veñas probar verdura e hortaliza que sabe como a de antes. A que apoies aos labregos e labregas que manteñen viva a tradición de producir como antes.

Consome da nosa terra

A escasos quilómetros da cidade da Coruña, producimos día a día alimentos da nosa terra. Respectando os ciclos naturais e coidando a terra con agarimo, cultivamos a Horta Galega como o facían os nosos avós e avoas. Respectando a cultura produtiva do noso territorio.

Animámoste a que veñas probar verdura e hortaliza que sabe como a de antes. A que apoies aos labregos e labregas que manteñen viva a tradición de producir como antes.

Compra no mercado

Con cada compra que facemos, non só estamos enchendo a nosa despensa. Estamos elixindo por que modelos económicos queremos apostar.

Cando eliximos mercar no Mercado, estamos apoiando o pequeno comercio de proximidade. Este sinxelo xesto tradúcese en apoiar a conservación dunha cultura e unha tradición que, se non coidamos, acabarase perdendo. O Mercado da Praza de Lugo representa un enclave único de encontro para esa cultura e tradición gastronómica galega que tanto amamos.

É a nosa responsabilidade protexela. É o noso deber que non se perda. Compra no teu mercado.

El proyecto
Venta directa
Nuestros productos
Nuestro proceso productivo